Conexión

Usuario:
Contraseña:
1735 Estaciones en total
TipoNum%
36320,9
17510,1
140,8
231,3
10,1
Total auditadas57633,2
115966.8
61-

Última estación registrada
Elche Ferriol TiempoElche (Alacant)

Aviso legal


Meteoclimatic utiliza recursos doutros servidores. Este aviso legal aplícase unicamente aos servizos e contidos aloxados baixo o dominio meteoclimatic.com.
 

Sobre Meteoclimatic


Co nome xenérico de Meteoclimatic identifícase Meteoclimatic, Societat d'Estudis del Temps i el Clima, asociación sen afán de lucro inscrita no Rexistro de Asociacións da Generalitat de Catalunya.

 

Propiedade intelectual e uso dos contidos


Meteoclimatic está protexida mediante unha licenza de Creative Commons. En ligazón á licenza completa atópase no lateral de todas as páxinas. Os usuarios que proporcionen datos a Meteoclimatic, a excepción dos de rexistro e identificación persoal, fano tamén acolléndose a dita licenza.

 

Protección de datos


De confirmidad co previsto pola lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro sobre a Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), Meteoclimatic manifesta que existe un ficheiro de datos de titularidade propia no cal hai a información estrictamente necesaria para o mantemento do servizo.

O titular destes datos poderá exercer os seus dereitos recoñecidos pola LOPD sobre este ficheiro como rectificación, cancelación ou revogación. Os usuarios poden realizar estas accións editando o seu propio perfil en Meteoclimatic·com ou ben enviando unha solicitude a Meteoclimatic por correo electrónico .

 

Exención de responsabilidade


Coas presentes páxinas, Meteoclimatic pretende facilitar o acceso a información meteorolóxica. O noso obxectivo consiste en velar pola actualidade e exactitude da devandita información. Trataremos de corrixir os erros que se nos sinalen. Non obstante, Meteoclimatic non asume responsabilidade algunha en relación co material incluído nestas páxinas. Dito material:

  • non ofrece necesariamente información exhaustiva, completa, exacta ou actualizada;
  • contén nalgunhas ocasións ligazóns a páxinas externas sobre as que os servizos de Meteoclimatic non teñen control algún e respecto das cales declinan toda responsabilidade;
  • non ofrece asesoramento profesional ou xurídico (se desexa efectuar unha consulta deste tipo,diríxase sempre a un profesional debidamente cualificado).
  • non deben utilizarse para necesidades aeronaúticas ou para outras necesidades operativas, ao lugar das previsións meteorolóxicas oficialmente difundidas.

Pretendemos reducir ao mínimo os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non obstante, algúns datos ou informacións contidos nas nosas páxinas poden haber sido creados ou estruturados en arquivos ou formatos non exentos de erros, polo que non podemos garantir que o noso servizo non quede interrompido ou afectado de calquera outra forma por tales problemas. Meteoclimatic non asume ningún tipo de responsabilidade derivada da interpretación e/ou uso que os usuarios fagan do material incluído nestas páxinas.